INSCRICIÓN ONLINE
A través de Internet na WEB DE CHAMPIONCHIP, dende o 19 de marzo ás 19:00 horas ata o 8 de setembro ás 23:59 horas.
Poderase verificar a inscrición dos seguintes xeitos:
- Visualizando as listaxes de persoas preinscritas publicadas nas webs.
- Recibirase un mail na dirección que se introduciu na conta de usuario/a.
- Poderase ver este xustificante accedendo á conta de usuario/a.
As persoas que non finalicen o proceso de inscrición (segundo a mensaxe de aceptación) non estarán correctamente inscritas.
INSCRICIÓN PRESENCIAL
Nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), CASA DA XUVENTUDE (rúa Antonio Otero, 15) ata o 7 de setembro ás 13,00 h., achegando os seguintes datos obrigatorios:
- Nome e Apelidos.
- DNI con letra.
- Data de nacemento completa.
- Domicilio.
- Club ao que pertence.
- Se está Federado ou no.
- Teléfono de contacto.
- Mail para a confirmación da inscrición.
- Se está censado no Concello.
- Talla de camiseta.
- Empregarás o autobus antes da carreira?
IMPORTANTE
Non se admiten inscricións posteriores ao 8 de setembro. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante, cada dorsal levará o seu propio chip na parte posterior.
